Inicio do curso 2021-2022

En nome de todo o persoal da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, darvos a benvida ao novo curso académico 2021-2022, de maneira moi especial para o alumnado que se incorpora por primeira vez á vida universitaria.

Tamén queremos aproveitar para agradecervos a confianza depositada na nosa Escola e dicirvos que é o noso maior desexo que este período de formación na EEI permítavos alcanzar todas as vosas metas e desenvolvervos tanto no plano profesional como no persoal.

O próximo curso 2021-2022 será, do mesmo xeito que o que deixamos atrás, un curso de grandes desafíos e dunha gran complexidade polas circunstancias do momento no que nos atopamos pola situación sanitaria, pero queremos expresarvos o compromiso de todo o equipo de persoas que integramos a EEI para que a vosa estancia na Escola desenvólvase dunha maneira satisfactoria e que, xuntos, poidamos superar todas as adversidades que se poidan presentar.

Na seguinte ligazón e na axenda podes atopar o programa coas xornadas de acollida. Aínda que non son actividades obrigatorias, son actividades encamiñadas a informar e orientar en todas aquelas cuestións relativas á organización académica: Programa actividades de acollida

Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez

As xornadas de acollida son presenciais e desenvolveranse en diferentes xornadas segundo o programa establecido de acordo ao grupo ao que pertenzas. Lembra que o grupo que tes asignado podes consultalo na túa secretaría virtual. Para asistir ás xornadas de acollida é moi importante que teñas en conta todas as indicacións que se recollen no mesmo e que realices o rexistro no seguinte formulario: https://forms.gle/1kdHMKoJzcfrLNjc8

Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información, relativa á túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo da titulación que seleccionaches, solicitámosche cubras o seguinte formulario:

https://forms.gle/UK8mKBtT4a8GpwVK7

Alumnado de Continuación de Estudos

Tendo en cuenta o período de matrícula establecido pola Universidade de Vigo, aconsellamos axilizar o máximo posible a matrícula para poder facer a asignación dos grupos o máis axiña posible. A primeira asignación dos grupos farase cos datos dispoñibles ás 23:59 horas do día 8 de setembro. Para asistir ás xornadas de acollida é moi importante que teñas en conta todas as indicacións que se recollen no programa e que realices o rexistro no seguinte formulario: https://forms.gle/1kdHMKoJzcfrLNjc8

Aínda que se recomenda seguir as xornadas  de xeito presencial, as sesións para o alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso) tamén serán retransmitidas nas salas xemelgas polo que podes seguilas de xeito non presencial. Debes acceder á ligazón da Sede na que se desenvolva a túa sesión. Para obter o contrasinal, escanea o código QR  correspondente e introdúcea na parte de ‘Acceso estudantado’. Se non tes un lector de códigos QR, debes descargalo de calquera dos sitios onde se atopan Apps para a lectura dos mesmos. Hai moitas aplicacións gratuítas para a lectura destes códigos.

Cambios de grupo

Os cambios de grupo, que difiran da opción elixida na matrícula, soamente poderanse solicitar a través do seguinte formulario e dentro do prazo establecido que vai do 15 ao 17 de setembro.

Moi importante:

A solicitude en ningún caso será vinculante e estará suxeita ás necesidades derivadas da Organización Docente. Os cambios de grupo unicamente poderanse solicitar de maneira excepcional, por causas xustificadas, dentro dos criterios establecidos pola EEI e non se admitirán solicitudes de cambio de subgrupo de prácticas, nin aquelas que se realicen fóra de prazo ou que non sigan o procedemento establecido.

Documentos e enlaces

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *