Inicio das actividades docentes presenciais 2021/22

A situación actual, aínda marcada polas restricións e axustes derivados da situación sanitaria como consecuencia do COVID, fai que o inicio do curso deba facerse nunhas circunstancias inusuais ou singulares e que sexa necesario levar a cabo unha serie accións que prioricen a seguridade de todas as persoas.

A EEI considera necesario facer un axuste na programación do inicio das actividades docentes e que estas se fagan en dúas fases para garantir ao máximo a seguridade, sempre tratando de minimizar os posibles efectos que se puidesen derivar da situación no actual escenario.

Por iso, a Comisión Permanente da EEI, na sesión do 8 de setembro, aprobou realizar un arranque progresivo de acordo co seguinte calendario:

  • Luns, día 13 de setembro:

           Arranque de todos os grupos do primeiro curso.

          Arranque dos grupos do 4º curso.

          Arranque do Mestrado en Enxeñería Industrial. 

  • Martes, día 14 de setembro:

          Arranque dos grupos de 2º e 3º das titulacións de grao.

Indicar que este arranque NON afecta ao comezo establecido para os mestrados de tipo especialista/ ‘ profesionalizante’, cuxos inicios foron aprobados polas correspondentes CAM.

Por outra banda, a Comisión Permanente tamén aprobou un novo protocolo de actuación para dispoñer dun marco de actuación ante as posibles casuísticas que se puidesen presentar durante ao longo do curso. A información relativa a este protocolo pódese consultar na seguinte ligazón: Protocolo para o desenvolvemento da docencia 21/22.