Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) Acollida Universidade (Praza Miralles) Todo o alumnado de novo ingreso 10:00 – 14:00 Información sobre: bolsas, biblioteca, servizos informáticos, mobilidade, aloxamento, idiomas, voluntariado, Igualdade, oferta cultural, etc. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Arquivos: Events
Actividades de acollida 2022/2023
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) SEDE CIDADE (Paraninfo) Grupos de mañá cidade 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente. 13:00 – 13:30 Delegación de Alumnado de Industriais 13:30 – 14:00 Asociación de estudantes Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Actividades de acollida 2022/2023
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) SEDE CAMPUS (Salón de Actos) Grupos de mañá Campus 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente. 13:00 – 13:30 Delegación de Alumnado de Industriais 13:30 – 14:00 Asociación de estudantes SEDE CIDADE (Paraninfo) Grupos de tarde 16:30 – 17:00 Benvida Director da EEI 17:00 – 18:30 Planificación e Organización Docente 18:30 – 19:00 Delegación de Alumnado de Industriais 19:00 – 19:30 Asociación de estudantes Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer …
XX Conferencia Internacional sobre Enerxía Renovable e Calidade da Enerxía
Programa do ICREPQ’22 que se celebrará do 27 ao 29 de xullo de 2022. Este evento terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O obxectivo principal é servir de punto de encontro a académicos, científicos, enxeñeiros, fabricantes e usuarios de todo o mundo para reunirse e discutir o desenvolvemento recente, os problemas e solucións nas áreas de enerxía renovable e calidade da enerxía. Poderase participar tanto de forma presencial como en liña. Este congreso estrutúrase en: Sesións Plenarias: Presentacións duns 45 minutos (35 minutos para a presentación e 10 minutos para …
Xornada de portas abertas
O xoves 16 de xuño ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada de Portas abertas, unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, Durante esta xornada, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola e as saídas profesionais. Este ano esta xornada voltará celebrarse de forma presencial. O programa previsto é o seguinte: 11:00 h – 12:00h Charla xeral en Sala 1 edificio Miralles sobre preinscrición, matrícula, oferta formativa, servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo. 12:00 h – 13:00 …
Xornada das profesións 2022
O mércores 8 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Esta xornada está dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos. Este ano a xornada voltará celebrarse de forma presencial, no paraninfo da Escola Enxeñería Industrial Sede Cidade. Hai 100 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición. Esta inscrición realizarase a través do seguinte formulario: https://forms.gle/YeCrX2NFAkMjFWJg9 …
Acto de graduación 2022
O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado. Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia. Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos …
XXVIII Seminario de Loxística
Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial. O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais. A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8. O programa será o seguinte: 10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor …
TECH TALENT 2022
Encontro do talento tecnolóxico galego O obxectivo desta xornada é reunir nun mesmo foro ás principais empresas cun claro proxecto de futuro e necesidade de incorporar talento, protagonistas dun presente profesional que marcará o camiño cara ao futuro inmediato de Galicia. Está dirixida a todos os profesionais implicados coa tecnoloxía e con Galicia, con inquietude de mellora profesional. O programa será o seguinte: Presentación da xornada “Cocos galegos”: Empresas Tecnolóxicas con ADN Galego, casos de éxito: Keyplan Ingeniería Efimob Efficient Mobility Inelsa Solar Aeromedia UAV Universidade Administración Foro Aberto “Da Universidade …
Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible
Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI – Sede Campus Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria. O programa será o seguinte: 10:00 – 10:15: Apertura da Xornada – Juan Pardo (Director da EEI) 10:15 – 10:45: Visión global das tecnologías XR – Santiago González (CEO de Arsoft) 10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? – Santiago González …




