O próximo 28 de febreiro, e ata o 2 de marzo, comezará unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego. Trátase dun evento para achegar o mundo laboral ao alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa. Haberá diversos obradoiros e conferencias, impartidos polas empresas que participarán nesta próxima edición do foro. Non deixes pasar esta oportunidade de asistir ao XXIII Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento. Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais. …
Continuar lendo
O próximo venres 24 de febreiro ás 10:00 horas terá lugar unha charla sobre a enxeñería biomédica titulada “O papel da Enxeñería Biomédica ante os retos da Sanidade” que será impartida polo relator, D. Enrique Gómez Aguilera, Presidente da Asociación Española de Ingeniería Biomédica. Para asistir á charla é necesario inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/BV7kmtGc2LzJWC5D8.
Continuar lendo
O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza a XVI Charla en Enxeñería de la Automoción (CHIA), ciclo de charlas que vimos impartindo dende o curso 2019/20. A información é a seguinte: Título: Retos e oportunidades da mobilidade na cidade de Vigo. Relator: Excmo. Sr. Alcalde del Excmo. Concello de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez. Data: Xoves 16 de febreiro ás 16:00 horas. Lugar: Aula de Grao – EEI – Sede Campus. Para asistir á charla é necesario inscribirse no seguinte formulario: https://forms.gle/8RSEGZaXpZZddzr56.
Continuar lendo
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o venres 10 de febreiro a EEI celebra unha xornada na escola na que participarán nenas de distintos centros educativos. O programa será o seguinte: 9:30 – 10:00: Benvida e distribución obradoiros. Salón de Actos 10:00 – 11:00: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella. Aula G / Deseño e prototipado. Aula D 11:00 -11:30 DESCANSO 11:30 – 12:30: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado. Aula D / Termografía infravermella. Aula G 12:30 – 13:30: Terceiro obradoiro (conxunto). …
Continuar lendo
Retos e Oportunidades da Enxeñería no ámbito da industria e a saúde Este ano voltamos celebrar unha nova edición do MEI Day. A xornada terá lugar o xoves 1 de decembro ás 18:00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Para poder participar é necesario facer o rexistro no seguinte formulario. O MEI Day é unha xornada que ten por obxecto reunir aos/ás egresado/as e ao alumnado que este curso están matriculados no Mestrado en Enxeñaría Industrial e no Mestrado en Enxeñería Biomédica para poder compartir e intercambiar as súas experiencias …
Continuar lendo
O próximo luns 14 de novembro arranca a VIII Edición das JAI’2022, as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial. Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería de Telecomunicación. As JAI recuperan así a presencialidade, cun récord en número de firmas participantes, persoas asistentes rexistradas (2000 entre profesionais e alumnado) e relatorios (45) Terán lugar do 14 ao 18 de novembro e contarán, xunto cos relatorios, cunha grande exposición de robótica, que se celebrará na entrada da Escola de Enxeñería Industrial, e catro …
Continuar lendo
Alumnado de Mestrado en Enxeñería Industrial e en Enxeñería Biomédica SEDE CAMPUS (Salón de Actos) 09:30 – 10:00 Benvida Director da EEI 10:00 – 12:00 Planificación e Organización Docente. TFM en empresa. Programas de Mobilidade 12:00 – 13:00 Charlas profesionais Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Continuar lendo
Alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso de grao) SEDE CIDADE (Paraninfo) Graos en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Enxeñería Química Industrial 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente/TFG Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Tamén podes seguir as xornadas de forma non presencial a través das aulas virtuais. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Continuar lendo
Alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso de grao) SEDE CAMPUS (Salón de Actos) Graos en Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Mecánica, Enxeñería en Organización Industrial e Enxeñería Biomédica 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente/TFG Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Tamén podes seguir as xornadas de forma non presencial a través das aulas virtuais. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Continuar lendo
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) Acollida Universidade (Praza Miralles) Todo o alumnado de novo ingreso 10:00 – 14:00 Información sobre: bolsas, biblioteca, servizos informáticos, mobilidade, aloxamento, idiomas, voluntariado, Igualdade, oferta cultural, etc. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Continuar lendo