Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) SEDE CIDADE (Paraninfo) Grupos de mañá cidade 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente. 13:00 – 13:30 Delegación de Alumnado de Industriais 13:30 – 14:00 Asociación de estudantes Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida
Categoría: A escola
Actividades de acollida 2022/2023
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) SEDE CAMPUS (Salón de Actos) Grupos de mañá Campus 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente. 13:00 – 13:30 Delegación de Alumnado de Industriais 13:30 – 14:00 Asociación de estudantes SEDE CIDADE (Paraninfo) Grupos de tarde 16:30 – 17:00 Benvida Director da EEI 17:00 – 18:30 Planificación e Organización Docente 18:30 – 19:00 Delegación de Alumnado de Industriais 19:00 – 19:30 Asociación de estudantes Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer …
XX Conferencia Internacional sobre Enerxía Renovable e Calidade da Enerxía
Programa do ICREPQ’22 que se celebrará do 27 ao 29 de xullo de 2022. Este evento terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O obxectivo principal é servir de punto de encontro a académicos, científicos, enxeñeiros, fabricantes e usuarios de todo o mundo para reunirse e discutir o desenvolvemento recente, os problemas e solucións nas áreas de enerxía renovable e calidade da enerxía. Poderase participar tanto de forma presencial como en liña. Este congreso estrutúrase en: Sesións Plenarias: Presentacións duns 45 minutos (35 minutos para a presentación e 10 minutos para …
Xornada de portas abertas
O xoves 16 de xuño ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada de Portas abertas, unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, Durante esta xornada, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola e as saídas profesionais. Este ano esta xornada voltará celebrarse de forma presencial. O programa previsto é o seguinte: 11:00 h – 12:00h Charla xeral en Sala 1 edificio Miralles sobre preinscrición, matrícula, oferta formativa, servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo. 12:00 h – 13:00 …
Acto de graduación 2022
O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado. Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia. Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos …
XXVIII Seminario de Loxística
Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial. O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais. A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8. O programa será o seguinte: 10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor …
Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible
Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI – Sede Campus Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria. O programa será o seguinte: 10:00 – 10:15: Apertura da Xornada – Juan Pardo (Director da EEI) 10:15 – 10:45: Visión global das tecnologías XR – Santiago González (CEO de Arsoft) 10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? – Santiago González …
Impresión 3D de medicamentos: de circuitos a “imprimidos”
Charla que se celebrará ás 16:00 horas na aula 15 da EEI- Sede Campus Será impartida polo Dr. Álvaro Goyanes, científico galego fundador da empresa FabRx e que figura por terceiro ano consecutivo na lista dos investigadores máis influentes do mundo elaborada por Web of Science. Xunto ao seu equipo, Álvaro Goyanes está desenvolvendo unha impresora 3D que permitiría “fabricar” medicamentos en casa. Esta investigación tivo unha gran acollida dende a súa publicación no International Journal of Pharmaceutics. O acceso á charla será libre previo rexistro no seguinte formulario.
Á procura de talento no ámbito da automatización e control de procesos: novos retos e desafíos
Mesa redonda que se celebrará de 18:30 a 20:00 horas no Paraninfo da EEI – Sede Cidade (Rúa Torrecederia, nº 86) Participan: María José Raposo, Presidenta, ISA Sección Española Almudena Álvarez, EMEA IIPS Senior Proposal Manager de HONEYWELL Process Solutions Carmen Valverde, Project Manager, FOSTER-WHEELER Julia García, Regional Director Operations Southern Europe, EMERSON Mónica Martínez, Xestora de Optimización e Control da Refinería de Coruña, REPSOL Modera: Isabel Vidal, Profesora e Consultora da sección de estudantes, USC Presenta: José Ignacio Armesto, Profesor e ex-advisor da sección de estudantes, UVIGO
Acto académico de celebración do patrón da EEI
Xoves 17 de marzo a partir das 12:00 horas. O programa do acto de celebración do patrón da EEI será o seguinte: 12:00 horas Apertura do acto, a Subdirectora de Xestión e Organización Docente da paso a Dª. Bibiana Rodiño Janeiro, Directora Xeral de BETA Implants quen dará a conferencia de apertura baixo o título: “Beta Implants: un proxecto de excelencia empresarial de BioEnxenería” 12:30 horas Reconoñecemento aos profesores mellor valorados segundo as enquisas realizadas ao alumnado da EEI. 12:45 horas Recoñecemento aos mozos investigadores da EEI como Persoal de Investigación en Formación. 13:00 …


