Está publicada a convocatoria Erasmus-prácticas para o curso 2026/27 que financia estadías de carácter práctico en institucións da Unión Europea (empresas, universidades, centros de investigación, etc.).
O período de solicitudes comezou o día 1 de maio de 2026 e finalizará o 30 de novembro de 2026.
Nesta ligazón tedes as bases da convocatoria e os modelos de documentos que se deben aportar.
O formulario de solicitude debe cubrirse en liña na plataforma MoveON a través da ligazón:
https://uvigo.moveon4.de/form/60c38279ac1c46496e1da6e4/spa.
A contía da bolsa depende do nivel de vida do país de destino segundo a táboa recollida nas bases da convocatoria.
Haberá unha sesión informativa mixta (presencial + remota) o vindeiro luns 18 de maio.
- Día: Luns 18 de maio de 2026.
- Hora: de 14:00 a 15:00 horas.
- Aula presencial: A4-I, sede Cidade.
- Aula remota: sala REU sede Cidade.
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/313753360
Contrasinal alumnado: Tq5eSyxy




