📅 Solicitudes abertas ata o 19 de xuño.
A Escola de Enxeñería Industrial abre o prazo para realizar a declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Industrial.
O Mestrado en Enxeñería Industrial é un título con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro/a Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009.
Trátase dun perfil altamente demanado polas empresas grazas a súa formación multidisciplinar e a súa capacidade para liderar, innovar e resolver problemas complexos.
Ademais, o programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa, favorecendo o contacto directo co ámbito profesional.
O Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial conta tamén coa acreditación internacional da prestixiosa Axencia ABET, referente mundial nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía.
A declaración de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos recollidos terán un carácter unicamente orientativo e non proporcionan prioridade no proceso oficial de preinscrición e matrícula.
📝 Formulario de solicitude: https://forms.gle/M7vpSfhtioxSTxB9A.
ℹ️ Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Industrial.




