Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica

📅 Solicitudes abertas ata o 19 de xuño.

A Escola de Enxeñería Industrial abre o prazo para realizar a declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica. 

Este Mestrado ofrece ao alumnado unha formación avanzada e multidisciplinar, orientada ao desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías e produtos no ámbito sanitario.

O programa permite ampliar a formación adquirida no Grao en Enxeñería Biomédica e achega unha visión práctica e especializada dun sector en constante crecemento e innovación.

A declaración de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos recollidos terán un carácter orientativo e non proporcionan prioridade no proceso oficial de preinscrición e matrícula.

📝 Formulario de solicitude: https://forms.gle/Lha7agcErN7dMQNW7.

ℹ️ Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Biomédica.