📅 Solicitudes abertas ata o 19 de xuño.
A Escola de Enxeñería Industrial abre o prazo para realizar a declaración de intención de matrícula no Mestrado en Fabricación Aditiva.
O título presenta un enfoque interdisciplinario e unha forte orientación práctica, abordando todas as fases do proceso de fabricación aditiva.
O programa forma ao alumando no ámbito das tecnoloxías de fabricación aditiva, proporcionándolle experiencia práctica no deseño, adaptación e construción de pezas ou produtos para sectores estratéxicos no desenvolvemento da nosa comunidade.
A declaración de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos que se obteñan serán orientativos e non proporcionan prioridade algunha no proceso de preinscrición e matrícula.
📝 Formulario de solicitude: https://forms.gle/GH3gYtz2a3kaMmW47
ℹ️ Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Fabricación Aditiva estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado en Fabricación Aditiva.




