A EEI celebra máis dun século de traxectoria vencellada á formación e ao desenvolvemento da enxeñería industrial, conmemorando o dobre aniversario dos seus dous grandes piares: A Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial (EUETI) e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSEI).
Con motivo da celebración destas efemérides, a EEI convocou recentemente dous concursos para o deseño dun logotipo e dunha escultura conmemorativos.
Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas e reunido o xurado encargado da súa avaliación, resolveuse a convocatoria co seguinte veredicto:
🔷 Logotipo conmemorativo
– Proposta gañadora: Dúas escolas, un futuro.
– Autor: César Álvarez Bermúdez.
🗿 Escultura conmemorativa
– Proposta gañadora: Legado en evolución.
– Autor: Ismael Lama Paredes.
Os deseños seleccionados serán empregados nos actos, eventos e materiais vinculados á celebración destes aniversarios, contribuíndo a simbolizar a historia, os valores e a proxección de futuro da Escola de Enxeñaría Industrial.
Dende a EEI queremos felicitar ás persoas gañadoras e agradecer a todas as participantes a súa implicación nesta iniciativa conmemorativa e o seu entusiasmo e compromiso coa nosa Escola.




