Calendario e censo electoral provisional. O venres 17 de xullo de 2020 da comezo o proceso electoral para a elección do director da EEI coa publicación do calendario e dos censos provisionais dos distintos sectores e colectivos da EEI. Ábrese un prazo de reclamacións aos devanditos censos a partir do vindeiro luns día 20 de xullo e ata o 23 de setembro, ao non computar os días non lectivos dos meses de xullo, agosto e setembro. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións director EEI 2020.
Continuar lendo
O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade. Este ano, …
Continuar lendo
Proclamación de candidaturas Pasados os prazos establecidos, e de acordo ao aprobado na sesión da Xunta Electoral da EEI do pasado venres 3 de xullo, as candidaturas definitivas pasan a ser membros electos da Xunta de Escola da EEI polos correspondentes sectores. Lembramos aos membros electos que non pertenzan actualmente á Xunta de Escola, contacten coa dirección do centro (eei.secretario@uvigo.es) para seren engadidos ao listado de distribución da devandita Xunta. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións Xunta Escola.
Continuar lendo
Proclamación definitiva candidaturas Xa están publicadas as listaxes definitivas de candidaturas á Xunta da Escola. Poden consultarse aquí. Ábrese un prazo ata o vindeiro venres día 10 de xullo ás 12:00 horas, para recibir calquera reclamación ao respecto, mediante un email a eei.secretario@uvigo.es
Continuar lendo
Unha vez rematado o Estado de alarma e as súas prórrogas, retómanse os prazos do proceso electoral a membros de Xunta de Escola. Máis información en Eleccións Xunta Escola 2020.
Continuar lendo
Sorteo da Xunta Electoral O venres 14 de febreiro de 2020, ás 11:04 horas, na Sala de Xuntas da Sede Campus procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral para as eleccións de membros da Xunta de Escola da EEI. Segundo o artigo 4 da “Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro” aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na súa sesión do 11 de decembro de 2003 a Xunta Electoral está composta por: a) O Decano ou decana ou persoa que exerza a dirección do centro, que a preside b) O Secretario ou secretaría do …
Continuar lendo
Calendario Electoral 10 de febreiro de 2020: Publicación dos censos provisionais 11 – 13 de febreiro de 2020: Prazo de reclamacións aos censos provisionais 18 de febreiro de 2020: Publicación dos censos definitivos 19 – 21 de febreiro de 2020: Prazo de presentación de candidaturas 28 de febreiro de 2020: Proclamación provisional de candidaturas 02 – 04 de marzo de 2020: Prazo de reclamación ás candidaturas provisionais 11 de marzo de 2020: Proclamación definitiva de candidaturas 12 – 16 de marzo de 2020: Campaña electoral 17 de marzo de 2020: Xornada de reflexión 18 de marzo de 2020: Votación 24 …
Continuar lendo
Sorteo da Xunta Electoral O luns 11 de decembro ás 11:00 horas na Sala de Xuntas da Sede Campus procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral para as eleccións de membros da Xunta de Escola da EEI. Segundo o artigo 4 da “Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro” aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na súa sesión de 11 de decembro de 2003 a Xunta Electoral está composta por: a) O Director do centro, que a preside b) O Secretario do centro, que actúa como secretario da mesma c) Un membro do …
Continuar lendo
Memoria vixente do Título (26/04/2018) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Modificación do Plan de Estudos (26/04/2018) Resolución Renovación Acreditación (22/07/2016) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Modificación do Plan de Estudos (13/07/2012) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Verificación do Título (30/06/2010) Información sobre indicadores/resultados previstos: Taxa de rendemento: 50% Taxa de abandono: 20% Taxa de eficiencia: 80% Taxa de graduación: 30% Taxa de éxito: 66% Información sobre outras taxas que o Título fai públicas (SGIC), taxas de inserción laboral…: Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) Poden consultarse outras taxas …
Continuar lendo
Memoria vixente do Título (26/04/2018) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Modificación do Plan de Estudos (26/04/2018) Resolución Renovación Acreditación (22/07/2016) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Modificación do Plano de Estudos (12/07/2012) Informe Final de Avaliación da Solicitude de Verificación do Título (30/06/2010) Información sobre indicadores/resultados previstos: Taxa de rendemento: 50% Taxa de abandono: 25% Taxa de eficiencia: 80% Taxa de graduación: 20% Taxa de éxito: 62% Información sobre outras taxas que o Título fai públicas (SGIC), taxas de inserción laboral…: Estudo da inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) Poden consultarse outras taxas …
Continuar lendo