Alumnado novo ingreso

Xa están dispoñibles na páxina web da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) as instrucións para realizar a matrícula do alumnado de novo ingreso – primeira matrícula – nos graos, Programas de Simultaneidade (PS) e Programas Académicos con Percorridos Sucesivos (PARS) correspondentes ao curso académico 2026/2027.

Nesta sección recóllese toda a información necesaria para completar o proceso de matrícula: elección de grupo, idioma, sede e quendas de clase, así como unha guía paso a paso para realizar a matrícula a través da aplicación da Universidade de Vigo.

Accede á guía completa:

📌https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/instruccions-para-seleccionar-grupo/