XX Conferencia Internacional sobre Enerxía Renovable e Calidade da Energía

A XX Conferencia Internacional sobre Enerxía Renovable e Calidade da Enerxía (ICREPQ’22) celebrarase do 27 ao 29 de xullo de 2022 na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

Este evento está organizado por:

  • European Association for the Development of Renewable Energy, Environment and Power Quality (EA4EPQ)
  • AEDIE (Asociación Española para el Desarrollo de la Ingeniería Eléctrica)
  • Universidade de Vigo

O obxectivo principal é servir de punto de encontro a académicos, científicos, enxeñeiros, fabricantes e usuarios de todo o mundo para reunirse e discutir o desenvolvemento recente, os problemas e solucións nas áreas de enerxía renovable e calidade da enerxía. Todos os documentos teñen unha relación directa con estes dous campos de investigación e traballo práctico.

Poderase participar tanto de forma presencial como en liña.

Este congreso estrutúrase en:

  • Sesións Plenarias: Presentacións duns 45 minutos (35 minutos para a presentación e 10 minutos para preguntas).
  • Sesións orais: Presentacións en persoa ou en liña duns 15 minutos para cada relatorio (12 minutos para a presentación e 3 minutos para as preguntas). Simultaneamente en dúas salas.
  • Posters Sessions: En 45 minutos en persoa e tamén en liña.

O Comité do Programa Internacional seleccionou 155 documentos de alta calidade (entre 230 propostas) dos cales 148 presentaranse na conferencia, 54 en sesións orais e 94 en “posters sessions”, durante os tres días do congreso. Todos estes documentos están incluídos no programa final. Tamén se presentarán seis relatorios en sesións plenarias a cargo de sete relatores e haberá dous espazos de exposición de OPALRT Technologies e MegaResistors.

Paralelamente ás sesións técnicas, organizáronse unha serie de actividades de carácter máis lúdico que se poden consultar na axenda. Para poder participar nestas actividades débese cubrir e enviar á organización o seguinte documento “Reservation form 2“.

Para máis información, consulta o programa completo do ICREPQ’22 e a páxina web https://www.icrepq.com/.