Resolución provisional ERASMUS+ Estudos KA131 curso 2026/27

Nos PDFs adxuntos pode consultarse a relación provisional de estudantes seleccionados para o programa Erasmus Estudos 26/27 e a relación de prazas ocupadas e libres.

Ao pecharse a convocatoria en decembro de 2025, non se tiveron en conta os resultados do primeiro cuadrimestre do curso 25-26.

Ábrese un prazo para presentar alegacións ata o 2 de marzo ás 23:59 horas, hora peninsular española , segundo o procedemento indicado a continuación:

1) As alegacións presentaranse mediante unha mensaxe de correo electrónico remitida á subdirección de RR.II. da EEI (eei.exteriores@uvigo.gal), excepto nos casos indicados no punto 6, que requirirán, ademais, achegar unha instancia que recolla a alegación.

2) A mensaxe debe enviarse desde a conta de correo institucional do estudante (con dominio @alumnos.uvigo.es ou equivalente).

3) Como asunto da mensaxe indicarase «[Apelido 1] [Apelido 2] – Alegacións Erasmus-estudos 26-27».

4) Dentro das 24 horas seguintes á recepción dunha mensaxe, enviarase un acuse de recibo desde o enderezo eei.exteriores@uvigo.gal.

5) O alumnado que, sendo excluídos dalgún destino titorizado por non contar co visto bo/carta de aceptación do titor de destino, acheguen confirmación de devandito visto bo durante o período de alegacións, serán situados en dito destino na resolución definitiva de seleccionados.

6) Os estudantes que non teñan destino adxudicado por estar en lista de espera en todos os destinos solicitados áchanse na situación descrita no punto 4. da Normativa para selección de estudantes para o programa de mobilidade Erasmus-estudos: «Os estudantes en lista de espera ou excluídos poderán optar a algunha destas prazas [da relación de prazas libres que se publica coa lista provisional de seleccionados] dirixindo unha instancia á atención do Director da EEI acompañada da carta de aceptación do titor do destino, no caso de ser necesaria».

Estes estudantes deben realizar a súa alegación cumprimentando unha instancia xenérica (en español ou galego) que se pode descargar na sede electrónica da UVigo, na que indicarán, por orde de preferencia, ata un máximo de 7 destinos alternativos dos que teñen prazas libres.

7) Os estudantes que fosen provisionalmente excluídos por non cumprir o criterio de créditos superados áchanse na situación descrita no punto 4. da Normativa para selección de estudiantes para el programa de mobilidad Erasmus-estudios: «Os estudantes en lista de espera ou excluídos poderán optar a algunha destas prazas [da relación de prazas libres que se publica coa lista provisional de seleccionados] dirixindo unha instancia á atención do Director da EEI acompañada da carta de aceptación do titor do destino, no caso de ser necesaria».

Estes estudantes deben realizar a súa alegación cumprimentando unha instancia xenérica (en español ou galego) que se pode descargar na sede electrónica da UVigo, na que indicarán, por orde de preferencia, ata un máximo de 7 destinos alternativos dos que teñen prazas libres.

Estes alumnos só poderán ser seleccionados cando cumpran o criterio de créditos superados que está indicado na Normativa.

Se o número de créditos superados só se pode alcanzar tras superar materias do 2º cuadrimestre, o alumno debe indicalo así na súa alegación, e quedará en lista de espera do destino adxudicado ata que alcance o mínimo número de créditos superados. Isto implica que, en xeral, a mobilidade destes estudantes terá que levarse a cabo no segundo cuadrimestre do curso 26-27.

Tras o remate do prazo, revisarase o proceso de adxudicación de prazas para ter en conta as alegacións que procedan e reasignaranse as prazas de ser necesario. A relación definitiva de estudantes seleccionados publicarase na páxina web da UVigo.

Documentos e enlaces