Un ano máis, a Escola de Enxeñería Industrial celebrará o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha cita sinalada no calendario da nosa Escola.
O acto terá lugar o mércores 18 de marzo no Paraninfo da Sede Cidade, a partir das 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa.
Dende a dirección da Escola, convidámosvos a participar neste acto conmemorativo.
Ao finalizar, celebrarase un xantar no Hotel NH COLLECTION, na avenida de García Barbón, nº 17.
Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou no seguinte formulario:
https://forms.gle/8XQLtfYwKmGydY976

Xa podedes consultar o programa completo do acto.
Agradecemos de antemán a vosa asistencia e participación neste día tan significativo para a Escola.




