Resolución provisional Erasmus-estudos curso 2021/22

No PDF adxunto pode consultarse a relación provisional de estudantes seleccionados para o programa Erasmus-estudos 21-22.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións (ata o luns 22 de febreiro ás 12:00 h) segundo o procedemento indicado a continuación:

– As alegacións presentaranse mediante unha mensaxe de correo electrónico remitida á subdirección de RR.II. da EEI (eei.exteriores@uvigo.es)

– A mensaxe debe enviarse desde a conta de correo do dominio alumnos.uvigo.es

– Como asunto da mensaxe indicarase «[Apelido 1] [Apelido 2] – Alegacións Erasmus-estudos 21-22»

– Dentro das 24 horas seguintes á recepción dunha mensaxe, enviarase un acuse de recibo desde o enderezo eei.exteriores@uvigo.es.

Tras o remate do prazo de alegacións, realizarase de novo o proceso de adxudicación de prazas para ter en conta as alegacións que procedan. A relación definitiva de estudantes seleccionados publicarase na web da Escola e enviarase dita información á Oficina de Relacións Internacionais.

Corrección de erros, 15/02/2021.

Téndose detectado un erro na asignación inicial de prazas, publícase a corrección da selección provisional de estudantes da EEI para o programa Erasmus-estudos.