A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.
Dentro desta política, a Escola solicitou a concesión do selo EUR-ACE para os graos en Enxeñería Eléctrica, Enxeñería en Química Industrial, e Enxeñería en Organización Industrial, tras acadalos nunha primeira fase nas outras tres titulacións de grao da rama industrial impartidas na escola.
Os días 27 e 28 de abril está prevista a avaliación dos títulos por expertos da ANECA que se entrevistarán de forma virtual cunha representación do profesorado, alumnado, egresados e empregadores.