Concurso #HiloTesis

Coa fin de promover a actividade divulagadora entre o estudantado de doutoramento, a Rede de Divulgación e Cultura Científica (Red Divulga) da CRUE I+D+i e a Universidade de Vigo convocan a primeira edición do concurso «A túa tese de doutoramento nun fío de Twitter: #HiloTesis». As persoas participantes deberán divulgar a súa tese de doutoramento nun fío de non máis de vinte chíos coas limitacións e posibilidades que ofrece a citada rede social.

O concurso desenvolverase en dúas fases, unha universitaria da que sairán tres finalistas, e unha nacional. O premio da fase universitaria será cadanseu pack de produtos UVigo. O premio da fase nacional será unha tablet.

Datas do concurso: 1 ao 23 de abril de 2021

Público: Estudantado de doutoramento da Universidade de Vigo ou persoas que defendesen a súa tese nos últimos seis meses.

Ditame do xurado Nacional: 21 ao 28 de maio de 2021.

Consultas: xestionucc1@uvigo.gal

Podes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón: HiloTesis_Bases-UVigo.pdf

Máis información en http://ucc.webs.uvigo.es/concurso-hilotesis-conta-a-tua-tese-nun-fio-de-twitter/