Xornadas de orientación de ADINGOR Joven

Co obxectivo de orientar a todas aquelas persoas con interese no mundo académico, ADINGOR Joven celebra unha serie de sesións virtuais

 

 

Trátase de 3 sesións en liña e gratuítas que versan sobre a temática da investigación, da transferencia e da docencia.  A pesar de estar orientadas ao mundo da enxeñería de organización, o programa pode ser de interese tamén para moitos outros colectivos que se atopen nas primeiras etapas da carreira académica.

O programa é o seguinte:

 

🌎 9:30-11:30 – Internacionalización da Investigación: Xornada orientada a consellos e estratexias para unha internacionalización eficaz da investigación desde as primeiras etapas da carreira académica.

 

🛒 12:00-14:00 – Transferencia de Coñecemento ao Mundo Empresarial: Visións e puntos de vista sobre a transferencia de coñecementos ao mundo empresarial. Datos imprescindibles sobre a transferencia e experiencias prácticas.

 

💡 16:00-18:00 – Novos Enfoques para a Innovación Educativa: Sesión sobre modelos de aprendizaxe, ferramentas de innovación docente e consellos sobre como aproveitar ao máximo as habilidades docentes.

 

Os interesados simplemente deben cubrir o seguinte formulario: Confirmación de asistencia

 

Na seguinte ligazón podes atopar máis información sobre as xornadas: Programa das sesións