Xornada Virtual Portas Abertas

O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI.

 

A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro.

 

Este ano, por cuestións de seguridade, a xornada será de forma virtual, polo que poderás participar neste evento sen ter que desprazarte.

 

O programa desta xornada é o seguinte:

  • 11:15 h. Rexistro/recepción na sala virtual.
  • 11:30 h. Benvida e presentación da Escola.
  • 11:45 h. Oferta formativa. Novas Titulacións.
  • 12:30 h. Ronda de preguntas polos asistentes.
  • 13:00 h. Peche da Xornada.

 

Rexistro en: Formulario rexistro asistencia