Visita High Tech Auto cunha charla-coloquio con Pablo Penedo (Alpine)

High Tech Auto – Bouzas
 
 

Dende o Mestrado en Enxeñería da Automoción organizamos unha nova charla-coloquio. Nesta ocasión, desprazarémonos ata o High Tech Auto, na área Portuaria de Bouzas.
 
O programa será o seguinte:
 

  • 16:00 – 16:40 horas. Presentación de High Tech Auto e visita ás súas instalacións. Exercerá de anfitrión Heiko Unzalu, responsable da HTA no consorico da Zona Franca de Vigo.
  •  

  • 16:40 – 17:40 horas. Charla impartida por Pablo Penedo Sienes (Aerodynamicist en Alpine F1 Team – Oxford), baixo o título “Afinando aleróns para a F1”. Terá lugar nas propias instalacións de HTA.
  •  
    Pablo Penedo estudou o Grao en Enxeñería en Mecánica na nosa Escola e actualmente é un especialista no deseño e análise de aleróns mediante o uso de técnicas CFD.
     

    Nesta charla falaranos sobre o seu emocionante traballo na Fórmula 1, onde leva ao límite as prestacións dun vehículo.
     
    A charla concluirá cun pequeno coloquio onde Pablo Penedo estará aberto a todas as preguntas que lle queirades realizar.
     

    Como o número de prazas é limitado, para poder asistir é necesario cubrir o seguinte formulario.

     

    Poñerémonos en contacto cos asistentes para confirmar a súa praza.