High Tech Auto – Bouzas Dende o Mestrado en Enxeñería da Automoción organizamos unha nova charla-coloquio. Nesta ocasión, desprazarémonos ata o High Tech Auto, na área Portuaria de Bouzas. O programa será o seguinte: 16:00 – 16:40 horas. Presentación de High Tech Auto e visita ás súas instalacións. Exercerá de anfitrión Heiko Unzalu, responsable da HTA no consorico da Zona Franca de Vigo. 16:40 – 17:40 horas. Charla impartida por Pablo Penedo Sienes (Aerodynamicist en Alpine F1 Team – Oxford), baixo o título “Afinando aleróns para a F1”. Terá lugar nas propias instalacións de HTA. …
Categoría: Estudos
Visita do equipo de acreditación do ABET
Renovación da acreditación ABET do Mestrado en Enxeñería Industrial O Mestrado en Enxeñería Industrial da nosa Escola iniciou o procedemento para a renovación da acreditación ABET, que culminará neste mes de outubro coa visita que nos fará do 22 ao 24 unha representación desta organización. ABET é unha organización sen ánimo de lucro, formada por asociacións profesionais e técnicas, acreditadora de estudos universitarios no ámbito das ciencias aplicadas, a informática, a enxeñería e a tecnoloxía. Está considerada como a máis importante en todo o mundo en enxeñerías e supón a garantía de que os estudos en cuestión …
Comezo 2º cuadrimestre – curso 2020/21
8 de febreiro de forma virtual De acordo á “RESOLUCIÓN REITORAL DO 27 DE XANEIRO DE 2021 PARA A ADECUACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE ÁS NOVAS RESTRICIÓNS ADOPTADAS POLA XUNTA DE GALICIA” o inicio do 2º cuadrimestre atrásase ata o día 8 de febreiro , semana na que só se desenvolven clases teóricas que deberán ser na modalidade en liña (virtuais), inicialmente ata o 17 de febreiro. Lembrámosvos tamén que os horarios para levar a cabo a docencia virtual serán os mesmos e nas mesmas salas xemelgas dos horarios actualizados.
Proceso acreditación doutoramento
Renovación da acreditación do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química. Visita do Comité de Avaliación de ACSUG, que se realizará en modalidade non presencial, dentro do proceso de renovación da acreditación do doutoramento en Enxeñería Química. Ao obxecto de incentivar a participación das persoas relacionadas co programa de doutoramento no proceso, ACSUG habilitou un correo electrónico (audiencia.publica@acsug.es) para que as persoas relacionadas co programa e que non foron convocadas ás audiencias poidan enviar os seus comentarios ata o día 20 de xaneiro. Nos comentarios enviados por este medio o remitente debe estar debidamente identificado: nome completo, perfil …
WORKSHOP: EMPREGABILIDADE COA METODOLOXÍA LEGO
Evento organizado desde o ICOIIG dirixido ao alumnado do Mestrado en Enxeñería Industrial O mércores 22 de xaneiro a partir das 16:30 horas terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus o workshop “Empregabilidade coa metodoloxía LEGO”. Trátase dunha metodoloxía innovadora deseñada para fomentar e potenciar a comunicación, a resolución de problemas e a innovación e eficiencia nos negocios. É unha experiencia de aprendizaxe a través dun proceso de “Estratexia en tempo real”, baseado en estudos científicos e en investigacións realizadas en diferentes ámbitos de management, estratexia de negocios, desenvolvemento organizacional, psicoloxía e aprendizaxe. Emprégase para a exploración …