Seminario Online gratuíto Matlab e Simulink

Este webinar terá lugar o mércores 22 de abril ás 10:00 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas.

Tomarase como exemplo unha materia de ecuacións diferenciais ou comportamento dinámico de sistemas e veranse casos prácticos de aplicación dunha serie de ferramentas que están dispoñibles para todas as universidades galegas grazas ao acordo entre CIXUG e MathWorks.

Pódese consultar toda a información nesta ligazón: http://www.cixug.es/novidades/entrada/Seminario-online-gratuito-Matlab-y-Simulink/