XORNADA ElasFanCienTec 2021

11 de febreiro de forma virtual       Esta edición, por motivo da pandemia, celebrarse de xeito virtual a través do campus remoto.   O programa desenvolverase de 10:30 a 12:30 horas seguindo o seguinte esquema:   10:30 Inauguración e benvida aos alumnos de 1º de bachalerato do Instituto de Ensinanza Secundaria A Cañiza.   10:45 Mesa redonda de alumnas da escola que compartirán as súas experiencias e as súas motivacións para o futuro.   11:00  Proxección de vídeos de laboratorios da escola.   11.45  Conexión coa empresa BetaImplants para mostrar “in situ” o traballo de enxeñería dunha empresa …

Continuar lendo

Comezo 2º cuadrimestre – curso 2020/21

8 de febreiro de forma virtual       De  acordo á “RESOLUCIÓN REITORAL DO 27 DE XANEIRO DE 2021 PARA A ADECUACIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE ÁS NOVAS RESTRICIÓNS ADOPTADAS POLA XUNTA DE GALICIA” o inicio do 2º cuadrimestre atrásase ata o día 8 de febreiro , semana na que só se desenvolven clases teóricas que deberán ser na modalidade en liña (virtuais), inicialmente ata o 17 de febreiro.   Lembrámosvos tamén que os horarios para levar a cabo a docencia virtual serán os mesmos e nas mesmas salas xemelgas dos horarios actualizados.

Continuar lendo

Proceso acreditación doutoramento

Renovación da acreditación do Programa de Doutoramento en Enxeñería Química.     Visita do Comité de Avaliación de ACSUG, que se realizará en modalidade non presencial, dentro do proceso de renovación da acreditación do doutoramento en Enxeñería Química.   Ao obxecto de incentivar a participación das persoas relacionadas co programa de doutoramento no proceso, ACSUG habilitou un correo electrónico (audiencia.publica@acsug.es) para que as persoas relacionadas co programa e que non foron convocadas ás audiencias poidan enviar os seus comentarios ata o día 20 de xaneiro. Nos comentarios enviados por este medio o remitente debe estar debidamente identificado: nome completo, perfil …

Continuar lendo

Xornada Patentes e Propiedade Intelectual

Evento virtual organizado pola Escola de Enxeñería Industrial e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.     Coa colaboración de ABG Intellectual Property.   Acceso libre previa inscrición en: https://attendee.gotowebinar.com/register/5967601969793633292

Continuar lendo

Xornada de Captación de Talento

O próximo 11 de novembro ás 11:00 horas celebrarase unha “Xornada de Captación de Talento”.     Esta xornada, organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública en colaboración coa Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, desenvolverase en liña dende UVigo TV.   Ten como finalidade informar das posibilidades laborais que ofrece a administración pública aos titulados/as universitarios/as.

Continuar lendo

Comezo das Xornadas Dixitais sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial

O programa de relatorios das Dixital XAI’2020 oriéntase á difusión das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial.   Non perdas a ocasión de asistir á primeira edición dixital dun dos eventos máis importantes do panorama nacional no ámbito da automatización industrial, punto de encontro das empresas máis punteiras de automática a nivel nacional e internacional.   Consulta toda a información e o programa en Dixital XAI’2020.

Continuar lendo