Charla formativa sobre adhesivos industriais

Terá lugar o 11 de febreiro de 2020 na Aula de Grao da EEI – Sede Campus a partires das 11 horas

A charla será impartida por Alberto Sastre, Director Técnico de Industria e Adhesivos de Sika e está dirixida a todo o alumnado da EEI.

O Obxectivo desta charla é coñecer as principais características e campos de aplicación dos adhesivos industriais. Tamén se aproveitará esta charla para presentar a edición deste ano do Xogo do Prontuario de Sika. Trátase dunha competición orientada aos alumnos de grao da rama industrial e naval a nivel nacional que está dotada con importantes premios.