3ª XORNADA: Os enxeñeiros de organización como emprendedores e ante as novas tecnoloxías
Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia.
O martes 16 de setembro, de 12:00 a 14:00 horas, terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo – Sede Campus, a terceira destas xornadas.
Contará coa participación dos siguientes relatores:
- Victoria Barreiro Gago. CEO en Teconsite.
- Lalo García Torres. #INmersión #INnovación #INversión.
- Raquel Quiroga. Co-Founder & Co-CEO en Talento Grupo Internacional.
- Brais Comesaña. COO (Chief Operating Officer) en VIKO.
Se queres asistir a esta 3ª xornada, podes realizar a inscrición neste formulario.




