Axenda

Información do evento:

  • Ven
    27
    Set
    2024

    A EEI na G-Night 2024

    17:45Edificio Redeiras

    Non che perdas esta oportunidade!

        

    O próximo venres 27 de setembro de 2024 celebrarase unha nova edición da G-Night, A noite galega das persoas investigadoras. Con este evento, que celebra a súa IV Edición, preténdese a divulgación científica, achegar a ciencia e a investigación á cidadanía, poñendo en valor a importancia das súas achegas para o avance social.
     

    Haberá un programa cheo de actividades no que a EEI non podía faltar.

     
    Investigadores e profesores da EEI estarán no Edificio Redeiras de Vigo de 17:45 a 22:00 horas co obradoiro "Da teoría á práctica: aplicacións reais da enxeñaría industrial", onde compartiremos experiencias e saberes.

     

    Na feira haberá actividades para todas as idades, así que é a ocasión perfecta para aprender e pasalo ben en familia. Vémonos alí!

    Consulta o programa completo.

     

    Esperámoste!