Axenda

Información do evento:

  • Mér
    16
    Out
    2024

    Xornada das profesións 2024

    17:30Paraninfo EEI - Sede Cidade

     

     

     

    O mércores 16 de outubro ás 17:30 horas, no Paraninfo da EEI - Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial.

     

    Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.

     

    Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos.

     

    Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (administración pública, empresa, docencia...) que tamén atenderán as dúbidas e consultas dos asistentes.
     
    O programa previsto é o seguinte:

     

    • 17:00 horas - Recepción asistentes e relatores.

     

    • 17:30 horas - Presentación.
      - José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
      - Paula Froiz Lareu. Delegada en Vigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
      - Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e Presidente de AITIGRIP.

     

    • 17:40 horas - Experiencia estadías no estranxeiro. Experiencia prácticas en empresa.
      Pablo García Gil. Erasmus Estudos. Erasmus internship. Bolseiro predoutoral.

     

    • 17:55 horas - A función comercial do enxeñeiro.
      Víctor Manuel Blanco Picos. Product Manager NEURTEK INSTRUMENTS.

     

    • 18:10 horas - O enxeñeiro na PEME e como empresario.
      Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.

     

    • 18:25 horas - O Enxeñeiro na Administración Pública.
      Félix Fernández Abalde. Enxeñeiro Técnico Industrial da Xefatura da Sección Técnica de Infraestruturas e Mantemento da Xunta de Galicia.

     

    • 18:40 horas - O Exercizo Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
      Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.

     

    • 18:55 horas - O Enxeñeiro como docente.
      Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.

     

    • 19:10 horas - O Enxeñeiro na grande empresa.
      María Quirós Gómez. RG Cliente da torre de control de STELLANTIS.

     

    • 19:25 horas - O Colexio Profesional.
      Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.

     

    • 19:25 horas - Saídas profesionais no estranxeiro.
      Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.

     

    • 19:40 horas - Coloquio aberto.
      Asistentes e relatores.