Charla Mestrado en Enxeñería da Automoción

O Mestrado en Enxeñería da Automoción celebra unha nova charla dentro das CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector.

Para esta nova charla teremos o honor de contar coa participación de D. Carlos Castaño, enxeñeiro industrial de grande prestixio internacional formado na nosa escola. Actualmente ocupa o cargo de Vicepresidente de Enxeñería  Global en BorgWarner Emmisions.

A charla terá lugar o próximo mércores 1 de decembro a partir das 17:00 horas na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus e versará sobre a transición dos motores de combustión interna aos eléctricos no sector da automoción.

Convidamos a participar na charla a todos os membros da comunidade universitaria interesados. Como o número de prazas é limitado é preciso cubrir o seguinte formulario para solicitar asistencia: https://forms.gle/7okP9BsNY5YdYD7Z6

Poñerémonos en contacto cos inscritos para confirmar a praza.