O vindeiro xoves 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, terá lugar no auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, o acto de graduación do noso alumnado.
O evento presenta este ano como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.
Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado de Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos restantes graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial: Enxeñería Eléctrica, Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería Mecánica, Enxeñería en Organización Industrial e Enxeñería en Química Industrial
Esta edición, se cabe, é moito máis especial porque esperamos poder contar coa presenza das familias que por razóns de seguridade e de cumprimento dos protocolos non puideron facelo na edición anterior.
Lembramos que soamente poderán asistir as personas que teñan invitación. É moi importante que respectemos as normas para que o evento se desenvolva de maneira exemplar nun día tan sinalado para os/as graduados/as e as súas familias, despois dun curso dun grande sacrificio.
Actividade patrocinada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.