A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) celebra máis dun século de traxectoria vencellada á formación e ao desenvolvemento da enxeñería industrial, conmemorando o dobre aniversario dos seus dous grandes piares: A Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Industrial (EUETI) e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSEI).
No curso 2026-27, cúmprense 125 anos do inicio dos primeiros estudos de industriais, que deron lugar á posterior creación da EUETI. Neste mesmo curso celébranse tamén os 50 anos da creación da ETSEI, que consolidou os estudos de Enxeñaría Industrial na nosa cidade. Froito da traxectoria destas dúas Escolas, no ano 2011 naceu a actual Escola de Enxeñaría Industrial.
Con motivo da celebración destas efemérides, a EEI convoca os seguintes concursos:
- Concurso para o deseño do logotipo corporativo conmemorativo. Será empregado nos actos, eventos e materiais vinculados á celebración dos aniversarios.
- Concurso para o deseño dunha escultura conmemorativa. Debe simbolizar a historia, os valores e a proxección de futuro da Enxeñaría Industrial na Universidade de Vigo e na sociedade.
O prazo para participar en calquera dos dous concursos estará aberto ata o 6 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.
Podes consultar toda a información nas bases dos concursos:
Anímaste a participar? Non deixes pasar esta oportunidade de formar parte da historia da EEI e de optar a un dos premios previstos para os deseños gañadores.
Deseña a imaxe dos aniversarios da EEI!




