O 24 e 25 de febreiro de 2026 celebrarase a XXVI edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.
O Foro Tecnolóxico de Emprego naceu hai máis de 25 anos na Universidade de Vigo como unha iniciativa impulsada polo propio alumnado cunha idea moi clara: conectar o talento universitario coas empresas do sector tecnolóxico e industrial, achegar o alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade ao mundo laboral, favorecendo unha primeira toma de contacto coa realidade profesional e co traballo en equipo nas empresas..
Na actualidade, é o foro de emprego universitario máis relevante de Galicia e un dos máis importantes de España, ademais de ser o maior evento destas características organizado integramente por estudantes.
En cada edición reúne a milleiros de estudantes e persoas egresadas con empresas líderes que buscan talento novo, impulsar a innovación e reforzar a colaboración entre universidade e o tecido empresarial. Trátase dun evento feito por e para o estudantado, concibido para facilitar un primeiro paso real e próximo cara ao mundo profesional.
Nesta nova edición do foro poderás:
- Conversar con persoal de recursos humanos e técnico das empresas máis punteiras dos ámbitos da enxeñaría, tecnoloxía e consultoría.
- Asistir a obradoiros prácticos para o desenvolvemento de competencias chave, que che axudarán a mellorar o teu CV e o teu perfil de Linkedin.
- Participar en charlas, conferencias e mesas redondas, ademais de acceder a ofertas de emprego e prácticas exclusivos do foro.
Podes consultar estas e outras actividades na web oficial do envento https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.
Participa no Foro Tecnolóxico de Emprego e aproveita esta oportunidade para conectar con empresas de primeiro nivel.
Complementa a túa formación e amósalles ás empresas o teu talento!




