Axenda

  • Mér
    02
    Set
    2026

    10:00 horas - Sede campus. 16:00 horas - Sede cidade

     

     

    A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso o 2 de setembro cunha xornada de acollida que se desenvolverá en horario de mañá na Sede Campus e en horario de tarde na Sede Cidade, co obxectivo de facilitar a incorporación á vida universitaria e dar a coñecer a Escola, os seus servizos e recursos.

     

    🟦 Sede Campus
     

    📅 2 de setembro · 🕙 10:00 h · 📍 Salón de Actos

     

    Programa
     

    • 10:00 – 10:10 h: Benvida.
    • 10:10 – 11:45 h: Actividades de acollida.
    • 11:45 – 11:55 h: Información sobre prevención de riscos.
    • 11:55 – 12:00 h: Peche.

     

    🟩 Sede Cidade

     

    📅 2 de setembro · 🕓 16:00 h · 📍 Paraninfo

     

    Programa
     

    • 16:00 – 16:10 h: Benvida.
    • 16:10 – 17:45 h: Actividades de acollida.
    • 17:45 – 17:55 h: Información sobre prevención de riscos.
    • 17:55 – 18:00 h: Peche.

     

    Importante: para participar nestas xornadas é imprescindible realizar o rexistro previo a través do formulario de inscrición.

     

    Podes consultar toda a información na nova publicada na web da EEI.

     

    Documentos e enlaces

  • Mar
    21
    Xul
    2026

    Organizado por CINTECX, converterá a EEI nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento, a innovación e a colaboración científica.
      

      

    As instalacións da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) acollerán os próximos 21 e 22 de xullo o congreso internacional DCETIP 2026, organizado por CINTECX. Este encontro doutoral reunirá persoal investigador especializado en enerxía, tecnoloxías avanzadas e procesos industriais para compartir coñecemento, presentar os resultados das súas investigacións e fomentar novas colaboracións.

     

    O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial interesados en presentar os seus traballos ou debater novas liñas de investigación nun contorno de carácter internacional.

     

    Concibido como un espazo para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías, DCETIP 2026 ofrecerá un programa científico que abordará algúns dos principais retos e avances da investigación industrial. O encontro favorecerá o diálogo entre o mundo académico e o sector empresarial, impulsando a colaboración, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de novas liñas de investigación.

     

    Ademais, contará coa participación de destacadas figuras de referencia internacional, cuxas relatorios achegarán unha visión actualizada dos avances máis relevantes nestes ámbitos. A súa presenza reforza a dimensión internacional do congreso e o compromiso de CINTECX coa excelencia científica e a atracción de talento investigador.

     

    O programa completo do congreso pode consultarse no sitio web oficial de DCETIP 2026.

  • Ven
    03
    Xul
    2026
    17:00EEI - Sede Campus

    Meses de traballo, innovación e perseveranza culminan na presentación do novo monopraza de UVigo Motorsport

     

    O próximo venres 3 de xullo a partir das 15:00 horas, terá lugar no salón de actos da EEI – Sede Campus a presentación do novo vehículo desenvolvido por UVigo Motorsport, o equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.

     

    UVigo Motorsport é o único equipo de Fórmula Student de Galicia. Creado no ano 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial, está integramente formado por alumnado da Universidade de Vigo e ten como obxectivo deseñar, fabricar e poñer a proba un vehículo monopraza de competición para participar na Fórmula Student, a competición interuniversitaria de enxeñería do automóbil máis prestixiosa do mundo.

     

    A presentación deste ano ten, ademais, un significado especial. Hai uns meses, un incendio no taller no que traballaba o equipo provocou importantes danos e obrigou a afrontar un importante contratempo no desenvolvemento do proxecto. Grazas ao esforzo, á dedicación e á capacidade de adaptación dos seus integrantes, así como ao apoio recibido por parte da Universidade de Vigo e do Cintecx, que lles facilitaron un novo espazo para continuar co seu traballo, UVigo Motorsport conseguiu superar esta dificultade e completar o deseño do novo vehículo, un logro que pon de manifesto tanto a resiliencia do equipo como o compromiso da comunidade universitaria co proxecto.

     

    Durante o acto darase a coñecer este novo monopraza, co que os estudantes afrontarán unha nova tempada de competicións internacionais co obxectivo de seguir mellorando os resultados acadados en edicións anteriores.

     

    Co novo vehículo, o equipo participará nas seguintes probas internacionais:

     

    • Formula Student Austria, do 26 ao 30 de xullo no Red Bull Ring.
    • Formula Student Spain, que se disputará no Circuit de Barcelona-Cataluña (Montmeló) entre o 1 e 7 de agosto.

     

    Non perdas a oportunidade de coñecer de primeira man o novo monopraza de UVigo Motorsport e descubrir o traballo, o talento e a capacidade de superación do alumnado que fai posible este proxecto de enxeñería.

  • Xov
    18
    Xuñ
    2026
    10:00EEI - Sede Campus

    Un encontro para coñecer experiencias inspiradoras e novas oportunidades na carreira investigadora.

     
     

    A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) e CINTECX organizan o vindeiro 18 de xuño a xornada "Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría", unha actividade enmarcada no Programa Mentoring de CINTECX e na conmemoración do Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23 de xuño).

     

    Terá lugar na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

     

    O encontro está dirixido ao persoal investigador predoutoral, persoas doutoradas recentemente, así como ao alumnado de TFG e TFM interesado en coñecer mellor os retos e oportunidades da carreira investigadora.

     

    Ao longo da xornada abordaranse cuestións de especial relevancia para o desenvolvemento profesional do persoal investigador, entre elas:

     

    • 📢 A importancia da divulgación científica na carreira investigadora.
    • 🛠️ Ferramentas e boas prácticas para comunicar a investigación á sociedade.
    • 🌍 Experiencias de divulgación científica e participación en proxectos europeos.

     

    Ademais, celebrarase a mesa redonda "Divulgación científica e perspectiva de xénero en enxeñaría", na que investigadoras e profesionais de distintos ámbitos compartirán experiencias e reflexións sobre os desafíos e oportunidades para avanzar cara a unha maior visibilidade e participación das mulleres na enxeñaría.

     

    No marco desta celebración presentarase tamén a I Edición dos Premios CINTECX–EEI-Beatrice Hicks, unha iniciativa destinada a poñer en valor referentes femininos que contribuíron a abrir camiño ás mulleres no ámbito tecnolóxico e industrial.

     

    📍 Lugar: EEI – Sede Campus (Vigo) (pendente de confirmación)

    🕙 Horario: 10:00 – 12:00 horas

    🎟️ Acceso libre. Prazas limitadas ata completar aforo.

     
    📝 As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 15 de xuño a través do formulario habilitado.

  • Lun
    08
    Xuñ
    2026

    Talento preparado para transformar o mundo.
     
     
     

    📅 Luns, 8 de xuño de 2026
    📍 Auditorio Mar de Vigo

     
    A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro 8 de xuño o acto de graduación do alumnado que remata os seus estudos este curso académico.

     
    Será unha xornada moi especial para celebrar co equipo directivo, o profesorado e as familias o esforzo, o compromiso e todos os momentos compartidos ao longo desta etapa universitaria.

     

    Un acto cheo de emoción co que despedir unha etapa inesquecible e dar a benvida a novos retos e oportunidades.

     

    Esperamos contar coa túa presenza e compartir contigo este día tan significativo.

     

    Programa previsto:
     

    • 🕓 16:00 horas. Fotografías no exterior do auditorio (familias, grupos...)
    • 🕓 16:30 horas. Entrada dos estudantado.
    • 🕓 17:30 horas. Entrada de familiares.
    • 🕓 17:45 horas. Recepción de autoridades.
    • 🎓 18:00 horas. Comezo do acto.
    • 🏁 20:00 horas. Finalización do acto.

     
    Podes consultar máis información na seguinte ligazón.