Do 08 ao 10 de outubro tes unha cita con Edugal no Recinto Feiral de Pontevedra.
A nosa Escola voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación.
Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.
Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional.
Podes consultar máis información no arquivo Dossier Edugal 2025 e na ligazón https://www.edugal.es/index.html.




