Xornada de Divulgación en Ciencia, tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas

Un grupo de docentes e investigadoras xunto coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organiza no Campus de Vigo e no Campus de Ourense os Obradoiros “Elas fan CienTec 2019” e “exxperimenta en feminino” para conmemorar o día Internacional da Muller e Nena na Ciencia. O obxectivo é dar visibilidade ao traballo das científi cas, a crear roles femininos no eido da ciencia e a enxeñaría e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero.

As actividades desenvoveranse nos campus de Vigo e Ourense:
– Mércores 06 de febreiro no Campus de Ourense, de 9.30 a 18.00 h.
– Luns 11 de febreiro no Campus de Vigo, de 9.30 a 13.30 h.

Documentos e enlaces