Medidas de prevención e control fronte á covid-19

Que debemos saber?

Co obxectivo de que o desenvolvemento de todas as actividades académicas da EEI siga a transcorrer de formas segura, é moi importante ter presentes todas as recomendacións do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Consellería de Sanidade e Secretaria Xeral de Universidades sobre as medidas de prevención e hixiene fronte ao SARS- Cov-2.

Desde a Escola de Enxeñería Industrial seguimos a traballar para o bo desenvolvemento do curso, facendo un seguimento  e adaptándoo en cada momento ás novas directrices.

O novo marco no que nos movemos actualmente, cunha diminución da gravidade dos casos notificados, permite adaptar algunhas das medidas de control da transmisión que se viñan implementando, en concreto, os supostos de obrigatoriedade do uso das máscaras en espazos interiores. Podes consultar nos documentos que facilitamos nesta páxina toda a información ao respecto. Tes tamén máis información de interese na web da Universidade de Vigo en volta á actividade presencial e protocolos definidos de PRL.

Contactos COVID da Escola

No caso de ter algunha dúbida ou consulta, podes contactar co responsable COVID do teu centro:

Recoméndase seguir sendo prudentes en canto o uso da máscara durante a permanencia nos espazos interiores compartidos da Universidade de Vigo, así como no caso de persoas vulnerables.