16:30 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D.
O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación.
Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology and Immune-Mediated Diseases).
Para asistir é necesario rexistrarse no seguinte formulario ata o 15 de abril ás 12:00 horas. A selección realizarase por orde de inscripción, dando preferencia ao alumnado de 2º curso do Grao en Enxeñería Biomédica.