Eleccións á dirección da EEI (2023)

Xunta Electoral

  1. O director: Juan E. Pardo Froján
  2. O secretario: Pablo Izquierdo Belmonte
  3. Persoal docente e investigador:
    • Titular: Eduardo Martínez Brey
    • Suplente 1: María Cristina Trillo Yáñez
    • Suplente 2: Jacobo Porteiro Fresco
    • Suplente 3: Manuel Doiro Sancho
    • Suplente 4: Alejandro Pereira Domínguez
  4. Estudantes:
    • Titular: Pablo Mosteiro Lareo
    • Suplente 1: Aitor Barbudo Sampedro
    • Suplente 2:  Xeila Farrapeira González
    • Suplente 3: Natalia Blanco Piñeiro
    • Suplente 4:  Gonzalo García Rodríguez
  5. Persoal de administración e servizos:
    • Titular: Julia Mencía Castro
    • Suplente 1: Ana Belén García Alonso
    • Suplente 2: Cristina Morgadas Lois
    • Suplente 3: Mª José Vidal Abad
    • Suplente 4: Xosé Luciano Otero Caminha

Calendario electoral

Segundo o aprobado na sesión ordinaria da Xunta Electoral celebrada o 13 de decembro de 2023, o calendario electoral queda como segue:

  • 18 de decembro de 2023:
    • Publicación dos censos provisionais
  • 19 de decembro de 2023 ao 9 de xaneiro de 2024:
    • Reclamacións aos censos provisionais
  • 12 de xaneiro de 2024:
    • Publicación dos censos definitivos
  • 15  ao 19 de xaneiro de 2024:
    • Presentación de candidaturas
  • 24 de xaneiro de 2024:
    • Proclamación provisional de candidaturas
  • 25 ao 30 de xaneiro de 2024:
    • Reclamacións ás candidaturas provisionais
  • 2 de febreiro de 2024:
    • Proclamación definitiva de candidaturas
  • 5 a 7 de febreiro de 2024:
    • Campaña electoral
  • 8 de febreiro de 2024:
    • Xornada de reflexión
  • 9 de febreiro de 2024:
    • Votación (Xunta de Escola extraordinaria)
  • 15 de febreiro de 2024:
    • Proclamación provisional de resultadoss
  • 16 ao 21 de febreiro de 2024:
    • Prazo de reclamación de resultados
  • 23 de febreiro de 2024:
    • Proclamación definitiva de resultados

As reclamacións debidamente argumentadas, e a presentación de candidaturas realizaranse na Área de Apoio a Centro e Departamentos e/ou no Negociado de Asuntos Xerais de cualquera das dúas sedes da EEI de 9.00 a 14.00 horas, ou ben por rexistro electrónico da Universidade de Vigo, presencial ou telematicamente, ou ben por e-mail aos seguintes enderezos: eei.asuntosxerais@uvigo.gal ou eei.centro.departamentos@uvigo.gal con copia a eei.secretario@uvigo.gal.

As publicacións relativas á elección se realizaran nos taboleiros electorais e na páxina web da EEI.

Censos provisionais

Consulta o censo provisional de cada un dos sectores (PDI A, PDI B, Estudantes e PAS).

Censos definitivos

Recibidas as reclamacións ao censo provisional, publícase o censo definitivo de cada un dos sectores (PDI A, PDI B, Estudantes e PAS).

Presentación de candidaturas

Para a presentación de candidaturas, pódese usar o seguinte formulario: impreso de candidatura dirección EEI. Presentar por email nos seguintes enderezos: eei.asuntosxerais@uvigo.gal ou eei.centro.departamentos@uvigo.gal, con copia a eei.secretario@uvigo.gal, ou na Area de Apoio a Centro e Departamentos/Negociado de Asuntos Xerais da EEI de 9.00 a 14.00 horas, sendo posible tamén por calquera procedemento de rexistro previsto na normativa da Universidade de Vigo.

Proclamación provisional de candidaturas

Candidaturas provisionais Dirección EEI

Proclamación definitiva de candidaturas

A candidatura definitiva queda como segue: Candidatura definitiva Dirección EEI

Resultados provisionais

Os resultados das eleccións celebradas o venres 9 de febreiro foron os seguintes:

Candidato: José Fariña Rodríguez

  • Votos a favor: 116
  • Votos en contra: 2
  • Votos en branco: 5
  • Votos nulos: 0
  • Total de votos emitidos: 123

Resultados definitivos

Pasado o prazo de reclamacións, os resultados provisionais pasan a ser definitivos polo que se proclama a José Fariña Rodríguez, Director da Escola de Enxeñería Industrial.