Ata o vindeiro 23 de marzo, debido a unha ampliación do prazo por parte da Vicerrectoría de Captación de Alumnado, voltará estar aberto o prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudo para o 2º cuadrimestre do curso 2020/2021.
As solicitudes presentaranse nos Negociados de Asuntos Xerais.
Xunto coa solicitude, deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores da materias afectadas pola práctica de campo ou saída de estudo (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).
O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Estudantes.