Ábrese o primeiro prazo de preinscrición para o vindeiro curso académico. Dende o 22 de xuño e ata o 6 de xullo, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude para acceder a algún dos seguintes mestrados especialistas:
- Mestrado en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración.
- Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade.
- Mestrado en Enxeñería da Automoción.
- Mestrado en Mecatrónica.
- Mestrado en Prevención de Riscos Laborais.
As listaxes provisorias das persoas admitidas e excluídas publicaranse o 16 de xullo segundo o calendario de preinscrición e matrícula.
Formación conectada coa contorna empresarial
Estes mestrados están deseñados en estreita conexión co tecido industrial e empresarial, respondendo ás necesidades reais dos sectores estratéxicos da economía galega e estatal. A súa orientación aplicada facilita a adquisición de competencias técnicas avanzadas e a súa transferencia directa ao ámbito profesional.
Os programas combinan unha metodoloxía práctica e un contacto directo con contornas profesionais, ofrecendo unha oportunidade única para adquirir unha formación especializada, actualizada e aliñada cos retos tecnolóxicos que demandan as empresas, co obxectivo de mellorar a empregabilidade.
Estas titulacións contan co apoio e recoñecemento de empresas e axentes socioeconómicos da contorna, que valoran a EEI como un centro de referencia na xeración de coñecemento e innovación ao servizo dun desenvolvemento sostible da sociedade.
Máis información e inscricións
Podes consultar todos os detalles sobre o acceso, plans de estudo e matrícula na sección oficial:
🔗 https://eei.uvigo.es/gl/estudos/mestrados/mestrados-especialistas/.




