Solicitude de modalidade de avaliación global 2025/26 – 2º cuadrimestre

Ábrese un prazo, dende o 2 de febreiro ata o 10 de marzo, para solicitar a modalidade de avaliación global (renuncia á avaliación continua) para as materias do segundo cuadrimestre do curso 2025/26.

A solicitude farase, no caso de alumnado de Grao, na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=4741) no seguinte formulario/enquisa: https://moovi.uvigo.gal/mod/choice/view.php?id=90528.

O estudantado de mestrado tedes que contactar, dentro do mesmo prazo, con eei.secretario@uvigo.gal.

Deberán escollerse aquelas materias nas que queirades pasar á modalidade de avaliación global (renuncia á avaliación continua). De non facerse ningunha selección nos prazos establecidos, a modalidade de avaliación será a de avaliación continua.

Existen dous períodos para solicitar ao Centro o paso á modalidade de avaliación global de materias, estendéndose ao menos durante un mes e abarcando os períodos de matrícula da Universidade de Vigo -datas específicas na convocatoria-, que son os seguintes: :

  • Durante o período de matrícula de continuación de estudos da Universidade de Vigo (setembro). O prazo foi dun mes dende o 15 de setembro ao 15 de outubro. 
  • Durante o período de modificación de matrícula da UVigo (febreiro). Datas exactas: entre o 2 de febreiro e o 10 de marzo.

Aconséllase que o alumnado consulte, en caso de ter dúbidas, co profesorado de cada materia as características concretas de cada modalidade de avaliación (continua ou global) posto que a asignación de modalidade, unha vez solicitada, será vinculante. 

Para as solicitudes recibidas fóra dos prazos oficiais, e unha vez publicadas as resolucións, non se pode garantir o cambio de modalidade por parte do Centro e terá que ser solicitada ao profesorado/coordinación das materias concretas (podedes pór en copia a eei.secretario@uvigo.gal, pero a solicitude debe ir dirixida ao profesorado/coordinador das materias). Así mesmo, no caso de que nalgunha materia/grupo/grao o profesorado/coordinador estableza un prazo maior ao establecido polo Centro, a xestión das solicitudes de cambio de modalidade de avaliación será tamén xestionada pola coordinación das devanditas materias/grupos/graos, polo que debedes dirixirvos directamente ao profesorado/coordinación dos grupos.

Para a convocatoria de exames extraordinaria (xuño-xullo), o alumnado deberá solicitar por correo electrónico directamente ao profesorado e coa antelación suficiente á data da proba, calquera modificación respecto da solicitude xa feita, con copia a eei.secretario@uvigo.gal. 

A resolución publicarase na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=4741), difundirase polas listas de distribución do Centro (/gl/escola/comunicacion/listas-de-correo-e-difusion-web-rss/) e na páxina web (https://eei.uvigo.es/gl/)

Para calquera aclaración, unha vez revisadas as instrucións recibidas e o procedemento, contactade con eei.secretario@uvigo.gal.

En calquera caso, elixas o modelo de avaliación que elixas, lembra que para superala con éxito é preciso Estudo, Esforzo e Interese.

Documentos e enlaces