Solicitude cambio grupo 1º curso – 2026/2027

O alumnado de 1º curso poderá solicitar un cambio de grupo ata o luns 27 de xullo ás 14:00 horas.

Non se atenderán as solicitudes presentadas fóra de prazo nin aquelas que non sigan o procedemento establecido.

Non se aceptan cambios de subgrupos de prácticas.

Causas excepcionais para solicitar o cambio

Os cambios de grupo só poderanse solicitar, con carácter excepcional, polas seguintes causas xustificadas, dentro dos criterios establecidos pola EEI:

  • Alumnado con contrato de traballo debidamente documentado mediante a vida laboral, cando a relación contractual sexa anterior á matrícula do estudante e teña unha antigüidade mínima de tres meses con respecto á data de matrícula.
  • Alumnado ao abeiro do Artigo 12 do Estatuto do Estudantado Deportista na Universidade de Vigo (Alto rendemento ou profesionais).
  • Alumnado ao abeiro da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.

En todo caso, a presentación da solicitude non implica a concesión do cambio, que estará condicionada ás necesidades derivadas da organización docente.

Procedemento

A solicitude deberá presentarse a través do seguinte formulario (aberto ata o luns 27 de xullo ás 14:00 horas).

Antes de enviar a solicitude, comproba que indicas un grupo válido, en caso contrario a solicitude non será atendida. Podes consultar os grupos no seguinte apartado da web da EEI: Instrucións para seleccionar grupo

Deberás achegar a documentación xustificativa correspondente ao cambio solicitado.  Non se tramitarán solicitudes que non estean debidamente xustificadas.

Se o cambio de grupo é concedido non será posible solicitar un novo cambio nin volver ao asignado inicialmente.