Solicitude cambio grupo 1º curso – 2025/2026

O alumnado de 1º curso poderá solicitar un cambio de grupo dende o martes 29 de xullo ás 9:00 horas ata o xoves 31 de xullo ás 9:00 horas. Non se atenderán as solicitudes que estean fóra de prazo ou que non sigan o procedemento establecido.

Non se aceptan cambios de subgrupos de prácticas.

Os cambios de grupo unicamente poderanse solicitar de maneira excepcional polas seguintes causas xustificadas, dentro dos criterios establecidos pola EEI:

  • Alumnado con contrato de traballo debidamente documentado coa vida laboral e cando a relación contractual sexa anterior polo menos tres meses antes á matrícula do estudante.
  • Alumnado ao amparo do Artigo 12 do Estatuto do Estudantado Deportista na Universidade de Vigo (Alto rendemento ou profesionais).
  • Alumnado ao amparo da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.

En calquera caso, a solicitude nunca será vinculante e estará suxeita ás necesidades derivadas da organización docente.

A solicitude de cambio farase a través do seguinte formulario (aberto do martes 29 de xullo ás 9:00 horas ao xoves 31 de xullo ás 9:00 horas).

Comproba que indicas un grupo válido, en caso contrario a solicitude non será atendida. Podes consultar os grupos no seguinte apartado da web da EEI: 
https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/instruccions-para-seleccionar-grupo/

Deberás achegar a documentación xustificativa correspondente ao cambio solicitado.  Non se atenderán os cambios que non estean debidamente xustificados.

Se o cambio de grupo é concedido non poderás facer un novo cambio nin volver ao asignado inicialmente.