Sesións informativas International Project Semester (IPS)

Os organizadores do International Project Semester (IPS) da universidade HTW des Saarlandes (Alemania), organizan dúas sesións informativas sobre este programa de intercambio que combina unha estadía de 13 semanas nunha empresa con docencia dunha materia técnica na universidade.

—Mércores 12 de abril de 14:30 a 15:30 horas
—Venres 14 de abril de 13:00 a 14:00 horas

As sesións son en modo non presencial a través desta sala do Campus Remoto (contrasinal de alumnos: EeYO4aWv).

A data límite de presentación de solicitudes é o 24 de abril de 2023 ás 23:59 horas.

As datas de realización da estadía van do 04/10/2023 ao 23/02/2024.