Graduación EEI 2023

Xa estamos organizando o  Acto de Graduación do alumnado de todas as titulacións de grao e do Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI.

Terá lugar o xoves 1 de xuño de 2023 no Auditorio de Congresos Mar de Vigo.

Se queres participar nun día tan especial e cumpres os requisitos é necesario que fagas a inscrición no formulario de asistencia para realizar unha previsión de asistentes o máis exacta posible. Lembrámosvos tamén que as invitacións repatiranse por estrito orde de inscrición ata completar a capacidade máxima.

A escola ten previsto realizar a gravación dun vídeo onde vos sintades identificados e o pasedes ben, para o que necesitamos da vosa colaboración. No formulario poderedes indicar tamén se desexades participar e aportar ideas.

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.