Os vindeiros días 1 e 6 de xuño, como parte do Plan de Acción Titorial da EEI, celebraremos sendas reunións informativas sobre o programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) que acaba de publicarse.
Para o primeiro prazo de solicitudes, a data límite é o 28 de xuño ás 23:59 h.
As estadías, dun mínimo de 2 meses de duración, poderán realizarse entre o 01/09/2022 e o 12/05/2023.
Os temas que se abordarán en cada sesión serán:
- Posibilidades do programa para preparación de TFG/TFM, prácticas extracurriculares, prácticas curriculares, prácticas curriculares+TFG.
- Instruccións para a cumplimentación da carta de preaceptación da institución receptora.
- Revisión da información publicada na web da Escola sobre destinos en universidades, centros de investigación e empresa
- Turno de preguntas.
Cada sesión presencial poderá seguirse tamén en liña a través do Campus Remoto.
- Sesión 1: Mércores 1 de xuño, 12:00 h, aula 4I da sede Cidade.
No Campus Remoto, Sala REU-Cidade:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/313753360
Contrasinal de estudante: Tq5eSyxy - Sesión 2: Luns 6 de xuño, 12:00 h, aula 14 da sede Campus
No Campus Remoto, Sala REU-Campus:
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/312934181
Contrasinal de estudante: cYW2XD5F