Sesións informativas Erasmus-prácticas

Os vindeiros días 1 e 6 de xuño, como parte do Plan de Acción Titorial da EEI, celebraremos sendas reunións informativas sobre o programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) que acaba de publicarse.
Para o primeiro prazo de solicitudes, a data límite é o 28 de xuño ás 23:59 h.

As estadías, dun mínimo de 2 meses de duración, poderán realizarse entre o 01/09/2022 e o 12/05/2023.

Os temas que se abordarán en cada sesión serán:

  1. Posibilidades do programa para preparación de TFG/TFM, prácticas extracurriculares, prácticas curriculares, prácticas curriculares+TFG.
  2. Instruccións para a cumplimentación da carta de preaceptación da institución receptora.
  3. Revisión da información publicada na web da Escola sobre destinos en universidades, centros de investigación e empresa
  4. Turno de preguntas.

Cada sesión presencial poderá seguirse tamén en liña a través do Campus Remoto.