Seminario Xemelgo Dixital

O mércores 10 de novembro, de 16:00 a 18:00 horas, terá lugar na EEI – Sede Campus un seminario sobre o Xemelgo Dixital.

A xornada será presencial e correrá  a cargo da empresa Maviva/Alservi (Grupo Ferrovial Servicios).

Será un seminario cun enfoque eminentemente práctico, onde teremos a ocasión de comprobar a experiencia deste grupo.

As prazas están limitadas a un máximo de 50 debido ás restricións sanitarias aínda vixentes. Adxudicaranse por rigoroso orde de rexistro no seguinte formulario: Rexistro seminario.

Amplíase o prazo de inscrición ata o luns 8 de novembro ás 21:00 horas coas últimas prazas dispoñibles.

Comunicarase a adxudicación unha vez pechado o prazo de inscrición.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *