Renuncia á avaliación continua

Aqueles alumnos/as que por motivos xustificados teñan que renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos, nunha ou varias materias do segundo cuadrimestre, poderán facelo ata o 17 de febreiro de 2021. A solicitude será electrónica mediante o formulario que está dispoñible na web da EEI: https://forms.gle/wbenWDnsAXuQGNhg8

 As solicitudes con nome e apelidos mal escritos (todo maiúsculas, todo minúsculas, sen tildes) serán denegadas por defecto de forma.

Entre as causas para a concesión da renuncia poden figurar aspectos recollidos na normativa da UVigo contemplada para a matrícula a tempo parcial e/ou a instrucción da Vicerreitoría no relativo á situación sanitaria. Nembargantes, todas as casuísticas serán analizadas e non se atenderá ningunha solicitude sen documentación xustificativa do motivo indicado, segundo corresponda en cada caso (vida laboral actualizada, contrato de deportista, certificado de deportista de alto nivel, resgardo de matrícula/expediente académico/copia dos horarios concretos, motivos sanitarios, etc.).

Recórdase que, mentres non se resolvan as solicitudes, o alumnado deberá presentarse ás actividades e probas de avaliación continua establecidas por cada materia.

De teres previsto ampliar a matrícula, se fose o caso, debedes solicitar a renuncia neste prazo tamén daquelas materias das que os ides matricular.

No caso de producirse situacións sobrevindas, podedes alegar novas causas no prazo de reclamación/subsanación, unha vez publicada a resolución provisional, mediante un correo a eei.secretario@uvigo.es. No caso de que a devandita situación se produza posteriormente a ese prazo, debedes escribir igualmente un correo alegando as causas e aportando a documentación xustificativa da situación, con copia aos coordinadores das materias que, en última instancia, tomarán as medidas oportunas.

No caso de 1º de PCEOs, elexir un dos graos.

De faltar algunha materia no listado, ou de detectar calquera outra incidencia, debedes enviar un correo a eei.secretario@uvigo.es, unha vez publicada a resolución provisional.