Está publicada a resolución definitiva da renuncia á avaliación continua do segundo cuadrimestre do curso 2022/23.
Unha vez pasado o prazo de reclamación, de detectar algunha errata, debedes contactar por email a eei.secretario@uvigo.es o antes posible.
Publicada esta resolución definitiva, non se garantirá o paso á modalidade de renuncia a avaliación continua do alumnado que non figure na listaxe definitiva e cada caso será analizado polo Centro e polos coordinadores das materias, de forma individualizada.
Pasado o segundo cuadrimestre e antes dos exames de segunda edición, haberá un prazo adicional (maio) para solicitar renuncia á avaliación continua para aqueles alumnos/as que non renunciaran previamente na primeira edición de exames tanto para o primeiro como para o segundo cuadrimestre.
Documentos e enlaces